Noticias e alertas

A Casa Habanera acollerá os II Xogos da primavera, para promover a relación entre persoas maiores e nenos de Guitiriz

17/03/2023


O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca municipal ‘Casa Habanera’, lanzan os II Xogos da primavera, unha actividade que naceu o pasado ano co obxectivo de promover a relación interxeracional entre os maiores e os nenos do municipio.




Farase a través de actividades lúdicas, que permitan estimular a recreación, comunicación e socialización entre os maiores e os nenos, revalorizar os xogos do onte, promovendo a participación activa das persoas maiores no ensino dos mesmos, e facilitar a inclusión dos xogos actuais como ferramenta de interacción entre nenos e adultos.




Levarase a cabo desde o 22 de marzo, cambiando de data para os mércores, de 16 a 18:30 horas. Os xogos que se levarán a cabo son: Xogo da rá, mariola, buxaina, corda, tres en raia, chapas ou xadrez. Os primeiros 20 participantes levarán un agasallo.



O artigo A Casa Habanera acollerá os II Xogos da primavera, para promover a relación entre persoas maiores e nenos de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies