30/05/2023
O pavillón Jonathan Carro Paz acolleu o pasado sábado 27 de maio a celebración do I Trofeo Concello de Guitiriz de Tiro con Arco, organizado polo Concello de Guitiriz e o Club de Tiro con Arco Guitiriz. Clubes de diferentes puntos de Galicia achegáronse ao noso municipio para vivir unha xornada deportiva exitosa, na que arqueiros e arqueiras de todas as idades desfrutaron competindo nunha disciplina que pretendemos asentar no noso municipio.
En categoría Esquío, os gañadores foron Adonai Pérez (Laracha) e Ángela Vázquez (Ordes). En Benxamíns, Xiana Blakue (Escola Lucense) e Enzo Graña (Adarve) levaron o ouro. En Alevíns, Teresa Riveiro (Laracha) e Enrique Fandiño (Adarve) impuxéronse.
Xa en infantís, Yago Rodríguez (Arco Guitiriz) impúxose por tres puntos ao seu compañeiro Hugo Rodríguez. No eido feminino, Lía Briote (Adarve) subiu ao máis alto do podio. En idade Novel, María Castelo (Escola Lucense) e Juan A. Casaleiro (Lucense) venceron. Por último, Mercedes Vázquez e Gonzalo Miragaya (ambos do Arco Guitiriz) triunfaron en categoría Senior.
A continuación, concretamos os resultados dos arqueiros do Club de Tiro con Arco Guitiriz:
2ª Infantil fem.Lorena Gómez Díaz
4ª Infantil fem. Nora Tomé Vázquez
1º Infantil masc. Yago Rodríguez Roca
2º Infantil masc. Hugo Rodríguez Roca
6º Infantil masc. Danny García Miragaya
9ª Novel fem. Mónica Roca Hernández
3º Novel masc. Secundino Díaz Rodero
1ª Senior Fem. Mercedes Vázquez Alonso
4ª Senior Fem. Lara Díaz Martínez
1º Senior Masc. Gonzalo Miragaya Roca
9º Senior Masc. Santiago Castro Fernández
O artigo Éxito no I Trofeo Concello de Guitiriz de Tiro con Arco publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies