Noticias y alertas

Guitiriz acollerá o próximo partido de baloncesto feminino do Durán Maquinaria Ensino

12/09/2023

O pavillón Jonathan Carro de Guitiriz acollerá este sábado, 16 de setembro, o partido de baloncesto feminino entre o Durán Maquinaria Ensino e o Celta Zorka Recalvi, organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón e Líder coa colaboración da Área de Muller e Igualdade, a Deputación de Lugo e do Concello.


O encontro, que terá lugar ás 19:30 horas, forma parte da pretemporada de ambos conxuntos e a entrada será libre.


O concelleiro de Deportes, Iván Morado, salienta “a aposta que se fai desde o Concello polo fomento do deporte feminino” e agarda “unha gran acollida e asistencia” entre os amantes do baloncesto.


O artigo Guitiriz acollerá o próximo partido de baloncesto feminino do Durán Maquinaria Ensino publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies