Noticias y alertas

Aberto o prazo para matricularse no curso de informática da Aula CeMIT

15/09/2023

 A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá este curso 2023-2024, e desde outubro ata xuño, unha actividade de informática e competencias dixitais gratuíta e con prazas limitadas para a que xa está aberto o prazo de inscrición.


Estará dirixido a tres sectores de idade. No caso das persoas adultas, a formación realizarase os martes e xoves en horario de 10:30 a 12:00 horas pola mañá ou de 16:30 a 18:00 horas pola tarde. Para os nenos e nenas de entre 7 e 9 anos será os luns de 16:15 a 17:45 horas e para os nenos e nenas de 10 a 12 anos os mércores na mesma franxa.


As inscricións para matricularse no curso están abertas desde hoxe, 15 de setembro, ata o 27 deste mes e poderán formalizarse na Aula CeMIT, a través do número de teléfono 606 32 55 97 ou no correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal


O artigo Aberto o prazo para matricularse no curso de informática da Aula CeMIT publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies