21/09/2023
A aula CeMIT de Guitiriz acolle o curso ‘A Intelixencia Artificial no día a día’, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e que está dirixido especialmente a persoas maiores de 55 anos sen coñecementos previos en Intelixencia Artificial (IA).
A través deste curso farase unha introdución a conceptos básicos da Intelixencia Artificial mediante exemplos prácticos, e algunhas aplicacións da IA no día a día, co obxectivo de tratar as seguintes cuestións:
Prazo de inscrición aberto
A actividade conta con prazas limitadas, e terá dúas quendas, o día 23 de outubro e o 27 de novembro en horario de 11.00 horas a 12:30 horas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de outubro e realizarase a través da web https://cemit.xunta.gal/gl/centros/guitiriz ou ben enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal. Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal
O artigo Curso de intelixencia artificial na Aula CeMIT publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies