Noticias y alertas

Pedro José Rodríguez Álvarez gaña o 1º premio do XXIII Certame de Cantería

18/07/2021

Trala paréntese do pasado ano por mor da pandemia, a carballeira de Parga acolleu a XXVI Feira da Cantería, Callos e Artesanía, cun día solleiro inmellorable para desfrutar deste evento.

No XXIII Certame de Cantería participaron un total de 16 persoas desde primeira hora da mañá e os gañadores foron:


1º premio: Pedro José Rodríguez Álvarez. (700 euros).
2º premio: Juan Vázquez. (500 euros).
3º premio: Marcos Escudero. (200 euros).


Ademais, cada participante contou con 100 euros destinados a dietas

O xurado estivo formado pola alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o presidente da Comunidade de Montes, Jose Manuel López; e o canteiro local, Javier Varela.

Ademais, os asistentes puideron gozar das racións de callos que preparou a organización e botarlle unha ollada aos produtos da mostra de artesanía, na que tomaron parte vinte artesáns de distintas modalidades (madeira, coiro, téxtil, bisutería, produtos de alimentación, etc).

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies