Noticias y alertas

Preto de 50 persoas na Ruta das Bidueiras do Btteando por Guitiriz

16/05/2022

Esta fin de semana tocou volver ao monte en BTT nunha nova saída do programa 'BTTeando por Guitiriz', organizado polo Concello coa colaboración do club Btteiros Cova da Serve, que nesta ocasión percorreu a Ruta das Bidueiras.

Foi, unha vez máis, un éxito de participación, con preto de 50 participantes inscritos de todas as idades, que puideron desfrutar dun moi bo día para a práctica desde deporte.

A próxima, e última saída do programa, será a Penas de Rodas (Outeiro de Rei) o domingo 29 de maio.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies