Noticias y alertas

Guitiriz adquire un punto limpo móbil para a recollida de residuos en distintos puntos do municipio

02/12/2022

O Concello de Guitiriz ven de adquirir, a través dos fondos da Unión Europea do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, un punto limpo móbil para dar servizo de recollida de residuos nas distintas parroquias do municipio.


O automóbil, solicitado conxuntamente con Concello de Xermade, consta dun camión e dous contedores para dividir os diferentes residuos e facer unha correcta reciclaxe.


Así, o sistema permite recoller pilas e baterías; pequenos aparellos eléctricos; lámpadas e tubos fluorescentes; téxtiles e calzado; voluminosos aparellos eléctricos e diversos aveños.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, tras recibir as chaves do novo camión destacou que “este punto limpo móbil permitirá, moi pronto, dar un servizo transversal de reciclaxe e complementar ao futuro punto limpo fixo do polígono”.


O artigo Guitiriz adquire un punto limpo móbil para a recollida de residuos en distintos puntos do municipio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies