Noticias y alertas

O Concello denuncia a recorrente ausencia de médicos no consultorio de Parga

14/03/2023

O Concello de Guitiriz denuncia a recorrente ausencia de médicos que se está a sufrir no consultorio de Parga, no que non se está a dispor de médico de luns a xoves, tal e como se establecera, e a previsión é que non o haxa ata o 22 de marzo.


No mes de outubro de 2022 o Sergas anunciou que reabriría o centro de saúde de Parga con atención médica e de enfermaría de luns a xoves en horario de mañá, incumprindo así o seu compromiso de reapertura total do consultorio unha vez rematase a pandemia.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, sinala que “incumpriron o seu compromiso de reapertura total do centro tras a pandemia, puxeron as súas propias normas, e agora tamén as incumpren, neste mes só houbo médico tres días”. “É un incumprimento doutro incumprimento”, afirma.


Morandeira solicítalle ao Sergas “unha vez máis, que cumpra o que prometeu e reabra totalmente o consultorio de Parga”. “A normalidade xa volveu hai tempo ás nosas vidas, agás ao centro de saúde de Parga. Con este novo modelo, os usuarios e usuarias reduciron drasticamente o servizo co que contaban ata o ano 2020”, denuncia


O artigo O Concello denuncia a recorrente ausencia de médicos no consultorio de Parga publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies