Noticias y alertas

‘Musiqueando’, un ciclo de concertos nas parroquias a cargo das agrupacións

22/03/2023

O Concello de Guitiriz dá inicio ao ciclo de concertos ‘Musiqueando’, unha iniciativa que achegará ás parroquias de Guitiriz concertos a cargo das agrupacións musicais.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, xunto ao director da Banda Municipal e Escola de Música, deron a coñecer este programa, que ten como principal obxectivo difundir e poñer en valor o labor que desenvolven durante todo o ano as agrupacións musicais do concello, así como acercar a música á cidadanía e ir acostumando ao alumnado, pais, nais e resto dos veciños e veciñas a aproximarse á música en vivo.


Participarán: a banda municipal de música, escola de gaitas municipal e a UNED Sénior A Coruña/Guitiriz. A primeira parada é na Escola de Pígara, o día 31 de marzo, as 20:30 horas.


O artigo ‘Musiqueando’, un ciclo de concertos nas parroquias a cargo das agrupacións publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies