Noticias y alertas

Aberto o prazo para matricularse na Escola Municipal de Música 2023/2024

14/09/2023

A Escola de Música Municipal de Guitiriz abre a súa matrícula para este curso 2023/2024.


O centro brinda un ano máis unha ampla oferta coas actividades de iniciación musical (de 3 a 7 anos), instrumento e linguaxe musical (a partir de 8 anos), banda municipal, agrupación moderna, grupo municipal de gaitas e agrupacións para adultos.


O importe para os empadroados e empadroadas en Guitiriz é de 30 euros e para os non empadroados de 40 euros. Ademais, a clase de iniciación musical será gratuíta durante todo o curso.


As inscricións poden realizarse desde hoxe, 14 de setembro, ata o mércores 27 deste mesmo mes a través do Concello, tanto de forma presencial como pola sede electrónica. Para a súa formalización hai que entregar a solicitude de matrícula debidamente cuberta, xustificante de pago da matrícula e a certificación bancaria co número IBAN completo para domiciliar os recibos do curso, onde o titular de conta ten que coincidir co solicitante da matrícula maior de idade, alumno/a ou pai/nai do alumno/a.


RECIBO MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA 2023-24


SOLICITUDE MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA 2023-24


O artigo Aberto o prazo para matricularse na Escola Municipal de Música 2023/2024 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies