Noticias y alertas

Aberto prazo de inscrición do obradoiro de cerámica

19/09/2023

O Concello de Guitiriz abriu hoxe, martes 19 de setembro, o prazo de matrícula do obradoiro de cerámica que se impartirá desde o mes de outubro no soto da Casa Habanera.


A inscrición estará aberta ata o 29 de setembro e pode formalizarse  a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no Rexistro. As prazas son limitadas, con preferencia para as persoas empadroadas en Guitiriz. O prezo é de 23 euros ao mes e estipulouse que o pago dos recibos sexa trimestral.


Neste curso hai clases os luns, con quenda de mañá (de 11 a 12.30 horas) e de tarde (de 18 a 19:30 horas), e os mércores (só de tarde de 16 a 17:30 horas).


O artigo Aberto prazo de inscrición do obradoiro de cerámica publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies