Noticias y alertas

Aberto o prazo de inscrición para a sexta edición do taller de cantería

21/03/2024

O Concello de Guitiriz, en colaboración coa Comunidade de Montes San Estevo de Parga e a Asociación Cultural Medioambiental Pardiñas abre mañá, venres 22 de marzo, e ata o 3 de abril o prazo de inscrición para a sexta edición do taller de cantería.


Esta actividade, que se impartirá todos os sábados de 11 a 13 horas desde abril a xuño na Casa da Escola de Pardiñas, está dirixida a rapaces e rapazas preferiblemente a partir dos 12 anos de idade e tamén a adultos.


O prezo é de 10 euros para empadroados e 20 euros para non empadroados. As prazas son limitadas, a inscrición pódese formalizar de xeito presencial no Rexistro. Para solicitar máis información, no teléfono 982 370 109.


O artigo Aberto o prazo de inscrición para a sexta edición do taller de cantería publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies