Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Cantabria os días 22, 23 e 24 de abril

22/03/2024

O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe en autobús a Cantabria os vindeiros días 22, 23 e 24 de abril. A saída será desde o Campo da Feira de Guitiriz ás 7:00 horas.


A actividade inclúe tres días e dúas noites con pensión completa no Hotel Comillas, seguro de viaxe e guía acompañante en excursións. Visitarase Covadonga, o Palacio de Sobrellano, Santander, o Centro Botín, Bárcena Mayor, Santillana del Mar, Cuevas el Soplao e San Vicente de la Barquera.


O prezo será de 240 euros por habitación dobre e un suplemento de 60 euros por dormitorio individual.


As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas poden facer a súa reserva desde o 25 de marzo ata o 8 de abril na Oficina de Turismo do Concello ou no teléfono 982 370 109.  Terán preferencia as persoas empadroadas en Guitiriz.


O artigo O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Cantabria os días 22, 23 e 24 de abril publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies