Noticias y alertas

Ata 32 persoas asistiron á ruta do Camiño Vello de Aldosende, a segunda saída da sexta edición do ‘Guitiriz en Ruta’

26/03/2024

Ata 32 participantes uníronse o pasado domingo á segunda saída da sexta edición do programa de sendeirismo ‘Guitiriz en Ruta’, cunha andaina no Camiño Vello de Aldosende, no Concello de Paradela (Lugo).


Os asistentes saíron cara Paradela desde o Campo da Feira de Guitiriz ás 9:00 horas. Alí comezaron o traxecto de 12 quilómetros rumbo ao miradoiro de Cabo de Vila, con volta ás 17:00 horas.


O programa consta dunha andaina por mes, das que cinco son polo municipio, que son gratuítas, e as outras tres noutros concellos, que teñen un custe de 5 euros para empadroados e de 10 euros para os non empadroados. A seguinte saída será o domingo 28 de abril e percorrerase a parroquia de Mariz.


Todas as saídas están abertas ao público xeral que teña unhas condicións físicas mínimas para poder camiñar varios quilómetros. Completan a programación: a ruta da Pedra de Díaz Castro nos Vilares (domingo 26 de maio), camiñando entre provincias (domingo 27 de outubro), a ruta do Río Mendo en Oza dos Ríos e Betanzos (domingo 24 de novembro) e a ruta do Río Requeixo (domingo 22 de decembro).


O artigo Ata 32 persoas asistiron á ruta do Camiño Vello de Aldosende, a segunda saída da sexta edición do ‘Guitiriz en Ruta’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies