Noticias y alertas

Guitiriz abre a inscrición da súa Aula da Calma para nenos e adolescentes durante o verán

26/06/2020

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para a Aula da Calma dirixida a nenos e nenas e adolescentes que se desenvolverá durante os meses de verán e que terá unhas características especiais adaptadas á crise sanitaria actual.

Levarase a cabo do 23 de xullo ao 27 de agosto todos os martes e os xoves a partir das 12 horas na Casa Barxa. Alí, os participantes practicarán mindfullness na natureza, ioga, atención plena, diversión, música, relaxación e habilidades de afrontamento.

O prazo para anotarse remata o 20 de xullo e haberá dos grupos: de nenos e nenas a partir de 6 anos e de adolescentes a partir dos 12 anos. A inscrición poderase formalizar a través da sede electrónica, por correo electrónico en info@concellodeguitiriz.com ou de xeito presencial pedindo cita previa no teléfono 982 370 109.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies