Noticias y alertas

Apertura do Centro de Día de Guitiriz

31/08/2020

O Concello de Guitiriz abriu hoxe as portas do centro de día municipal, que permanecía pechado dende que se decretou a alerta sanitaria. O horario de apertura habitual será de 10.00 a 18.00 horas.

O servizo reanúdase logo de adoptar todas as medidas de prevención e de seguridade que marcan os protocolos fixados polas administracións competentes.

Para evitar problemas, a incorporación dos maiores farase de forma progresiva e os primeiros días só acudirán a metade dos usuarios.

O traballo realizado durante todo este tempo contará coa supervisión dun técnico especialista que será tamén o encargado de vixilar que se cumpran as distancias de seguridade e o resto de protocolos establecidos entre os que figura quendas de comida e transporte e limpeza de superficies.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies