Noticias y alertas

Guitiriz adicará máis de 190.000 euros ao arranxo de camiños nuns traballos que comezarán este mesmo outubro

24/09/2020

O Concello de Guitiriz adicará máis de 190.000 euros ao arranxo de camiños, nuns traballos que comezarán este mesmo outubro.

As intervencións estarán centradas en 5 actuacións, con cargo ao Plan Único 2020 da Deputación Provincial de Lugo. A primeira, que conta cun orzamento total de 34.382,85 euros, estará centrada nas parroquias de Roca, no acceso no lugar de Roca; en Trasparga, no acceso dende Vilanova a Mesón da Cabra; en Sambreixo, no acceso a Pitero; en Pígara, no acceso a Ferreira; en Parga, no acceso na Pobra de Parga e en San Salvador, no acceso no Lugar de Bascuas.

Na segunda actuación, cunha partida de 20.970,74 euros, intervirase na parroquia de Lagostelle, nos accesos da rúa do Carme e Anta Dereita, no acceso e ramal a Sesulfe, a Pardiñas, a lugar de Perexil, na contorna da Igrexa de San Xoán e o seu cemiterio e na rúa das Costaneiras. Tamén no acceso a Navallo, na parroquia de Becín.

A terceira actuación, cun orzamento de 43.110,65 euros, actuarase nos accesos a Requeixo, Pontella e Vilarchán, na parroquia dos Vilares; no acceso a Pedreira, Corral Vello e Riotorto, na parroquia do Buriz e nos accesos a Xove Vello, Ameixeiras e A Marga, na parroquia de Labrada.

Dentro da cuarta actuación, na que está previsto que se destinen 43.609,11 euros, intervirannse os accesos en A Ombral, Pradieiro, Fracela e O Cando, no das Coutadas e A Viladónega, na parroquia de Mariz; e tamén nos acesos en Candedos e Grandón, na parroquia das Negradas.

Por último, e cunha partida de 48.057,70 euros, modificarase o acceso o lugares de Xestoselo e Rebordelo na parroquia do Buriz.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destaca estas ‘actuacións como un compendio moi equilibrado de traballos ao longo de todo o termo municipal, nunha serie de vías de moito tránsito e que necesitaban dun arranxo, cumplíndose así moitas demandas da veciñanza destes lugares’, sinala.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies