Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz convoca unha concentración diante do HULA para reclamar unha sanidade digna en Parga

10/12/2025

Os tres partidos que integran a corporación municipal do Concello de Guitiriz acordaron por unanimidade convocar o vindeiro luns, 15 de decembro, unha concentración diante do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), en Lugo, para protestar polos continuos recortes sanitarios en Parga. A mobilización celebrarase ás 12:00 horas diante do hospital, onde se atopa a Sede da Xerencia de Atención Primaria.


Esta decisión chega tras coñecerse que o Sergas reduciu a só dous o número de médicos destinados ao concello e que, ademais, ambos profesionais foran asignados ao Centro de Saúde de Guitiriz durante todo o mes de decembro, deixando ao Consultorio de Parga sen médico e cun servizo limitado exclusivamente a enfermaría. O Concello lamenta que non existise comunicación previa por parte do Sergas sobre esta medida, que afecta de maneira directa á atención sanitaria da veciñanza.


Como reacción inmediata, o pasado venres, 5 de decembro, o Concello convocou unha concentración diante do Consultorio de Parga, que contou coa participación de decenas de veciños e veciñas, demostrando a preocupación social ante a perda de servizos sanitarios básicos.


Co obxectivo de continuar presionando ao Sergas para que rectifique esta decisión e restableza un servizo médico axeitado, o Concello fai un chamamento á participación cidadá na mobilización do día 15, reivindicando o dereito da veciñanza a unha sanidade pública de calidade, próxima e xusta.


A alcaldesa, Marisol Morandeira, subliña que “a situación é insostible e non imos permitir que Parga quede desatendida. A sanidade pública é un dereito fundamental, especialmente no rural, e esiximos que o Sergas devolva inmediatamente o médico ao consultorio e garanta unha atención digna para toda a veciñanza”.


O artigo O Concello de Guitiriz convoca unha concentración diante do HULA para reclamar unha sanidade digna en Parga publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies