Noticias y alertas

A Casa Habanera acollerá en xuño obradoiros sobre o uso de medicamentos e tratamento de úlceras

23/05/2023

O Concello de Guitiriz acollerá, no próximo mes de xuño, dous obradoiros de ‘Uso axeitado de medicamentos’ e ‘Hixiene, prevención e eliminación de úlceras’, que forman parte da Escola Galega de Saúde Para Cidadáns.


Levaranse a cabo na Casa Habanera, sempre ás 17 horas. O primeiro será o de Uso axeitado de medicamentos (martes 13 de xuño), orientado a saber como actúan os medicamentos, as súas contraindicacións, a automedicación, os antibióticos… e o de Hixiene, prevención e eliminación de úlceras (martes 27 de xuño), no que se falará do coidado da pel e dos pés, as úlceras por presión, mobilización do/a dependente, tipos de incontinencia, fortalecemento do solo pélvico, etc.


As inscricións deben formalizarse en https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais antes da data do curso. As persoas interesadas en participar poden solicitar axuda para inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello.


O artigo A Casa Habanera acollerá en xuño obradoiros sobre o uso de medicamentos e tratamento de úlceras publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies