Noticias y alertas

O Concello destina máis de 200.000 euros para a rehabilitación da escola de Pedrafita

02/02/2024

O Concello de Guitiriz destina 206.686,71 euros para o proxecto de rehabilitación da antiga escola de Pedrafita, que actualmente se atopa nun estado de conservación deficiente e que se pretende acondicionar para convertela nun centro social.


A actuación, que se atopa en proceso de licitación, inclúe a realización dos seguintes traballos: renovación da cuberta e da súa estrutura; demolición da escaleira exterior e realización dunha nova; planificación dunha nova distribución para os aseos; instalación dunha nova ventilación mecánica e climatización mediante aerotermia; execución de novas instalacións de fontanería, saneamento e electricidade; renovación das carpinterías exteriores por outras de madeira pintada de branco e acondicionamento da fachada.


Está previsto que os materiais que se usen na obra sexan similares aos do resto de edificacións da zona para conseguir unha adecuada integración na contorna.


O prazo para presentar ofertas no perfil do contratante do Concello de Guitiriz remata o 19 de febreiro.


O artigo O Concello destina máis de 200.000 euros para a rehabilitación da escola de Pedrafita publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies