Noticias y alertas

Guitiriz acollerá este sábado o concerto de Susana Seivane dentro do ciclo ‘Con Voz de Muller 8-M’

19/03/2024

O Concello de Guitiriz acollerá este sábado, 23 de marzo, a actuación de Susana Seivane trío, dentro do ciclo de concertos ‘Con Voz de Muller 8-M’ da Deputación de Lugo. Terá lugar na Biblioteca Municipal ‘Casa Habanera’ ás 20:00 horas.


Susana é unha gaiteira que se caracteriza por un son celta e folk. A súa traxectoria inclúe sete discos ao longo destes 25 anos. O seu último proxecto, ‘Sete’, combina a gaita con enfoques contemporáneos e vibrantes.


A iniciativa, que ten como obxectivo visibilizar a música de mulleres, contou tamén nesta edición coas artistas Zoelas, Agoraphobia e Cantar Delas.


O artigo Guitiriz acollerá este sábado o concerto de Susana Seivane dentro do ciclo ‘Con Voz de Muller 8-M’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies