Noticias y alertas

Ata 35 familias de Guitiriz participaron na iniciativa fotográfica ‘Semente do pasado, colleita do futuro’

20/03/2024

Hoxe tivo lugar na Biblioteca Municipal ‘Casa Habanera’ a presentación da exposición ‘Semente do pasado, colleita do futuro’, a iniciativa organizada polo Concello de Guitiriz a través da consellería da área de Integración, Promoción e Servizos Sociais. A campaña tivo unha gran acollida con 35 familias participantes e estará exposta durante un mes.


A idea naceu no mes de xaneiro con motivo de facer un recoñecemento aos bisavós e bisavoas coa recopilación de fotografías orixinais xunto aos seus bisnetos. Á presentación acudiron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira e a concelleira Sofía Sánchez, ademais dos bisavós Otilia e Jesús, xunto aos seus bisnetos, Odulia López e a súa bisneta e Lara Paz coa súa filla en representación da bisavoa da familia.


Os bisnetos participantes recibirán un agasallo pola súa participación e todas as fotografías serán destinadas aos bisavós cando remate a exposición.


A alcaldesa, Marisol Morandeira, destacou o éxito desta iniciativa ‘que comezou como unha idea de Sofía e converteuse nunha celebración entrañable dos nosos maiores’.


O artigo Ata 35 familias de Guitiriz participaron na iniciativa fotográfica ‘Semente do pasado, colleita do futuro’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies