Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz realizou o primeiro pago da súa liña de axudas aos autónomos

07/10/2020

O Concello de Guitiriz vén de realizar o primeiro pago da liña de subvencións dirixida a paliar os efectos económicos xerados pola crise sanitaria da COVID-19. A través desta convocatoria todos os autónomos do municipio que se viran afectados polo Estado de Alarma recibirán unha axuda de, como mínimo, 1.500 euros.

Este primeiro reembolso corresponde ao abono de 40 solicitudes das 103 recibidas. Deste xeito, quedarían 63 instancias pendentes de ingreso. O orzamento municipal que o goberno local destina a esta iniciativa ascende a 140.000 euros, e con este primeiro pago xa se repartiron 65.200€.

O resto das solicitudes recibidas estanse a tramitar á espera de entrega de documentación solicitada. Desde o Concello de Guitiriz recórdase a obriga de xustificar a axuda antes do 14 de novembro para poder realizar o correspondente pago.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “estamos seguros de que esta liña de subvencións axudará aos nosos veciños e dará un impulso á actividade económica do noso municipio, protexendo os empregos na vila”.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies