Noticias y alertas

A Aula CeMIT acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade e outro de robótica

10/12/2025

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz vén de abrir o prazo de inscrición para dúas novas actividades incluídas dentro da programación municipal polo Nadal. Trátase do obradoiro sobre ciberseguridade ‘Nadal Ciberseguro’ e o obradoiro de robótica ‘Acción con Micro:bit’, ambas propostas con prazas limitadas e inscricións abertas ata o próximo 17 de decembro.


A primeira das propostas, ‘Nadal Ciberseguro’, terá lugar o 18 de decembro de 10:15 a 11:45 horas. Trátase dun taller gratuíto centrado en ofrecer ferramentas e coñecementos para facer fronte ás estafas e riscos que aumentan durante estas datas.


As persoas asistentes aprenderán a recoñecer as fraudes máis habituais no Nadal, diferenciar ofertas reais de webs enganosas, comprobar a seguridade dos métodos de pago e coñecer os riscos asociados aos xoguetes e dispositivos conectados. O obxectivo é promover boas prácticas para realizar compras en liña con total confianza.


A segunda actividade é o obradoiro de robótica ‘Acción con Micro:bit’, dirixido a persoas maiores de 8 anos e cun límite de 12 prazas. Celebrarase o 22 de decembro de 16:30 a 18:00 horas.


Durante a sesión, as persoas participantes empregarán a ferramenta Micro:bit para dar vida a pequenos robots, nunha proposta que combina aprendizaxe e entretemento, perfecta para achegar a programación e a robótica dun xeito lúdico.


As persoas interesadas poderán anotarse en ambas actividades ata o próximo 17 de decembro a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao 982 37 00 62.



O artigo A Aula CeMIT acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade e outro de robótica publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies