Noticias y alertas

Relaxación, meditación e autocoidado no obradoiro ‘Mentes en calma’ do Concello de Guitiriz

15/11/2022

O Concello de Guitiriz organiza para o ano 2023 outra edición máis do seu obradoiro ‘Mentes en calma’, no que se abordarán técnicas de relaxación, meditación, autocoidado ou autocoñecemento.


Desenvolveranse un total de 10 sesións de 60 minutos nos meses de xaneiro (os días 12, 19 e 26), febreiro (os días 2, 9, 16 e 23) e marzo (2, 16 e 30) sempre ás 18:30 horas na Casa Barxa. As persoas participantes profundizarán en ámbitos a relaxación, o Mindfullness ou o autocontrol.


O prazo de inscrición abrirase o próximo luns, 21 de novembro, ata o 30 de decembro. As persoas interesadas poden anotarse a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial na casa do concello en horario de atención ao público.


Descarga a folla de inscrición


O artigo Relaxación, meditación e autocoidado no obradoiro ‘Mentes en calma’ do Concello de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies