Noticias y alertas

Viaxe á Feira de Padrón o domingo 17 de marzo

08/03/2024

O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe á Feira de Padrón para o próximo domingo, 17 de marzo. O prazo para anotarse na Oficina de Turismo municipal, ou chamando ao teléfono 982 370 109, estará aberto ata o xoves 14 de marzo, as prazas son limitadas e darase preferencia ás persoas empadroadas.


A hora de saída prevista para ese mesmo domingo, 17 de marzo, é ás 9 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz e o regreso será ás 20:30 horas. O prezo desta actividade é de 30 euros e inclúe almorzo, xantar, transporte e seguro.


A programación da viaxe inclúe o almorzo, un paseo pola feira, xantar,  e, no regreso, farase unha parada en Santiago de Compostela.


O artigo Viaxe á Feira de Padrón o domingo 17 de marzo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies