Noticias y alertas

Oito locais participan do 4 ao 10 de marzo na décima edición do concurso de tapas ‘Que bo estás Guitiriz’

28/02/2024

Do 4 ao 10 de marzo celebrarase a décima edición do concurso de tapas ‘Que bo estás Guitiriz’, organizado pola Asociación de Hostalería de Guitiriz ‘Debares’ en colaboración co Concello, no que participarán oito locais: A Capela, Balneario de Guitiriz, Café Pub Soa, Café Pub Xoldra, Casa Nistal, Restaurante O Korreo, Pub Zeus e La Casilla.


Hoxe, mércores 28 de febreiro, a Casa Habanera acolleu a presentación do concurso de tapas, que correu a cargo da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e do presidente da Asociación de Hostalería de Guitiriz ‘Debares’, Iván Pereira, e do directivo da entidade, Andrés Fernández.


Marisol Morandeira salientou o “esforzo que fai a hostalaría por reinventarse e manter os locais abertos” e lembrou que “é ocio pero tamén forma parte da nosa forma de ser como sociedade”. “Quero agradecer a todos os establecementos a labor que fan para manter viva a hostalaría en Guitiriz e, como sempre, ofrezo a máxima colaboración desde o Concello para calquera iniciativa”, indicou.


Iván Pereira explicou que “este ano decidimos incorporar un viño para o concurso, grazas á colaboración do noso distribuidor local de Parga” e agradeceu “o seu compromiso aos colaboradores: o Concello, Estrella Galicia, Automóviles Losada, Fotografía Kantero e Wholia”.


O certame terá este ano carácter solidario, tal e como explicou Marisol Morandeira no acto “haberá unha hucha en cada local para que cada persoa aporte o que considere e, ademais, destinaranse 5 céntimos de cada tapa para ese fondo, que será doado á Asociación Alume”. “Queremos que repercuta nos usuarios e usuarias de Guitiriz polo que o que se fará co recadado será que eles decidan a que actividade ou proxecto queren destinar os cartos e, se non chega con ese fondo, cubriremos a parte restante desde o Concello”, afirmou.


Repartiranse 1.200 euros en premios


O X ‘Que bo estás Guitiriz’ arrincará o luns 4 de marzo e rematará o domingo 10 de marzo. O horario para degustar as tapas é de 20 a 23 horas e estas terán un prezo de 3 euros e de 4,50 euros se se toman co viño do concurso.


En cada un dos establecementos repartiranse as cartillas de participación que, unha vez se obteña o selo de todos os locais participantes, deben depositarse nas furnas que tamén se atoparán nos oito locais. Para que o voto se teña en conta e para poder optar aos premios é imprescindible ter todos os selos.


O sistema de votación ira do 1 (nota mínima) ao 10 (nota máxima). Deberase valorar tres factores importantes: o servizo, a presentación e o sabor. Ademais, se se coñecen, tamén se poden valorar as posibilidades de cada establecemento hostaleiro.


Cada cliente poderá participar as veces que desexe e, os que o fagan, entrarán nun sorteo de tres premios: o primeiro de 600 euros, o segundo de 400 euros e o terceiro de 200 euros. O sorteo realizarase o mércores 13 de marzo, momento no que tamén se procederá ao reconto dos votos de maneira pública e se nomearán os locais gañadores do concurso por votación popular.



O artigo Oito locais participan do 4 ao 10 de marzo na décima edición do concurso de tapas ‘Que bo estás Guitiriz’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies