Noticias e alertas

O domingo 30 de marzo volve o programa ‘Guitiriz en Ruta’ coa saída do Muíño da Ruxida

24/03/2025

O domingo 30 de marzo dará comezo a sétima edición do ‘Guitiriz en Ruta’, o programa municipal de sendeirismo do Concello de Guitiriz. A primeira das oito saídas que contempla o programa deste 2025 é a Ruta do Muíño da Ruxida.


A andaina é circular, con saída e chegada na Modia, na parroquia de Vilar. Dará comezo a partir das 10:00 horas e conta cunha extensión aproximada de 12 quilómetros polos montes das parroquias de Vilar, As Negradas e Parga, atravesando tamén un anaco do Camiño Norte de Santiago. Nesta saída de dificultade baixa visitarase a fervenza do Muíño da Ruxida, moi caudalosa logo das chuvias do inverno.


As inscricións estarán abertas ata este xoves, 27 de marzo, ás 15:00 horas. Poderanse formalizar de xeito presencial na Casa do Concello ou por teléfono, chamando ao 982 370 109. Neste caso, ao tratarse dunha saída polo Concello, as inscricións son completamente gratuítas.


A andaina está aberta a un público en xeral, aínda que os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta. Tendo en conta o percorrido e as previsións climatolóxicas, recoméndase levar bo calzado para a auga, xa que o terreo está parcialmente anegado, así como roupa de abrigo e prendas como chuvasqueiros, xa que hai previsión de algo de chuvia.


O artigo O domingo 30 de marzo volve o programa ‘Guitiriz en Ruta’ coa saída do Muíño da Ruxida publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies