11/04/2025
O Concello de Guitiriz continúa traballando na renovación da súa rede viaria a través do Plan de Mellora de Camiños 2024-2025.
Na anualidade pasada, 2024, realizouse o aglomerado da estrada que conecta Penabico con Candorco, na parroquia de Santa Cruz, unha zona na que se continuará traballando na presente anualidade. Está previsto que a seguinte actuación na parroquia sexa o aglomerado da estrada de Ixavara, que dará comezo proximamente. O orzamento total destinado a este proxecto ascende a 94.305,88 euros.
Ademais destas actuacións, dentro do Plan de Mellora de Camiños tamén se inclúe a redacción do Estudo da Rede Viaria Municipal, cun orzamento de 12.100 euros. Este traballo xa está en marcha e permitirá contar cunha visión integral das necesidades e prioridades da rede de camiños do municipio.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explica que “seguimos traballando para mellorar a calidade de vida da veciñanza, facilitando uns accesos máis seguros, cómodos e eficientes no noso territorio rural”.
O artigo O Concello de Guitiriz continúa coa mellora da súa rede viaria con actuacións en Santa Cruz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies