27/04/2025
O son do motor encheu hoxe, sábado 26 de abril, o Campo da Feira de Guitiriz no VI Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Ruta da Auga, organizando conxuntamente polo Concello e a Escudería Scratch Fene, e que se desenvolveu durante toda a xornada.
Iván Picallo foi triunfador na categoría xeral, María José Chao no VI Trofeo Feminino Pub Zeus, Borja Cotovad foi o primeiro no I Trofeo Traseiras Pub Titanic, Miguel Villanueva foi o triunfador na categoría de debutantes e David Franco finalizou no primeiro posto no I Trofeo Pilotos Lucenses Carnicería Vitorio.
Pola mañá realizáronse as diferentes verificacións técnicas e as sesións de adestramentos e, xa pola tarde, a iso das 16:30 horas, deu comezo a competición, que este ano reuniu no municipio a 48 pilotos e pilotas, a segunda cifra máis alta da historia da proba.
En xogo, cinco premios diferentes e 1.860 euros a repartir entre os regulamentados e os premios especiais.
Así, as clasificacións foron as seguintes:
PILOTO – COCHE – ESCUDERÍA – TEMPO
O artigo Guitiriz vibra nunha gran xornada de motor coa celebración do VI Slalom publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies