Noticias e alertas

Guitiriz vibra nunha gran xornada de motor coa celebración do VI Slalom

27/04/2025

O son do motor encheu hoxe, sábado 26 de abril, o Campo da Feira de Guitiriz no VI Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Ruta da Auga, organizando conxuntamente polo Concello e a Escudería Scratch Fene, e que se desenvolveu durante toda a xornada.


Iván Picallo foi triunfador na categoría xeral, María José Chao no VI Trofeo Feminino Pub Zeus, Borja Cotovad foi o primeiro no I Trofeo Traseiras Pub Titanic, Miguel Villanueva foi o triunfador na categoría de debutantes e David Franco finalizou no primeiro posto no I Trofeo Pilotos Lucenses Carnicería Vitorio.


Pola mañá realizáronse as diferentes verificacións técnicas e as sesións de adestramentos e, xa pola tarde, a iso das 16:30 horas, deu comezo a competición, que este ano reuniu no municipio a 48 pilotos e pilotas, a segunda cifra máis alta da historia da proba.


En xogo, cinco premios diferentes e 1.860 euros a repartir entre os regulamentados e os premios especiais.


Así, as clasificacións foron as seguintes:


PILOTO – COCHE – ESCUDERÍA – TEMPO



  • O podio da clasificación xeral da proba foi:



  1. Iván Picallo / CITRÖEN SAXO VTS / Asociación Aut. Moeche / 1:39.631

  2. Pablo Castro / CITRÖEN AX SPORT / As Pontes Motor Sport / 1:40.023

  3. Anxo Lariño / CITRÖEN SAXO VTS / Escudería Berberecho / 1:40.516



  • No VI Trofeo Feminino Pub Zeus:



  1. Mª José Chao / CITRÖEN SAXO VTS / Asociación Aut. Moeche / 1:50.581

  2. Tamara Pereira/ CITRÖEN SAXO VTS/RallyActividad Competición/ 1:53.406

  3. Alba Senande / CITRÖEN SAXO VTS / Escudería Berberecho / 2:01.048



  • No I Trofeo Traseiras Pub Titanic:



  1. Borja Cotovad / FORD ESCORT / Scratch Fene / 1:43.054

  2. Pedro Díaz / BMW 320I E36 / Scratch Fene / 1:44.823

  3. Diego Gómez / BMW 325 COUPE / Lucus Rally / 1:45.658



  • No I Trofeo Pilotos Lucenses Carnicería Vitorio:



  1. David Franco / CITRÖEN SAXO VTS / Automóvil Club As Pontes / 1:43.672

  2. Aitor Coto / CITRÖEN SAXO / Automóvil Club As Pontes / 1:44.684

  3. José Manuel Fdz / PEUGEOT 206 XS / Sarria Motor / 1:45.254



  • Na categoría debutantes:



  1. Miguel Villanueva / BMW 323i E46 / Sarria Motor / 1:47.393

  2. Miguel Santiago / CITRÖEN SAXO 1.1 / Siroco Narón / 1:54.026

  3. Alba Senande / CITRÖEN SAXO VTS / Escudería Berberecho / 2:01.048


O artigo Guitiriz vibra nunha gran xornada de motor coa celebración do VI Slalom publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies