Noticias e alertas

Saída a Santiago para ver a obra de teatro e acrobacias ‘A Serie Clopen’

17/09/2025

Queres ir a ver a obra de teatro ‘A Serie Clopen’ en Santiago de Compostela? O Centro Dramático Galego, dentro do seu programa de mobilidade, organiza este 27 de setembro esta actividade, na que se misturan o teatro e as acrobacias. A función está recomendada para todos os públicos.


A saída en autobús está programada para as 15:20 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz. A función será ás 18:00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Para rematar, a hora de saída tras a función será ás 20:15 horas. O custo total da viaxe será de 5 euros por persoa.


As prazas son limitadas, polo que será preciso realizar unha inscrición previa, que estará habilitada ata o próximo 26 de setembro na Casa do Concello, podéndose realizar unicamente de xeito presencial.


O artigo Saída a Santiago para ver a obra de teatro e acrobacias ‘A Serie Clopen’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies