Noticias e alertas

A volta do programa ‘Guitiriz en Ruta’ reúne a 21 participantes no percorrido entre O Vicedo e Espasante

29/09/2025

O programa ‘Guitiriz en Ruta’ retomou a súa actividade logo da pausa estival cunha nova andaina que reuniu a 21 participantes no percorrido entre O Vicedo e Espasante. A saída realizouse desde o porto do Vicedo e percorreu un total de 19 quilómetros ata chegar ao porto de Espasante, xa no concello coruñés de Ortigueira.


A actividade desenvolveuse durante toda a xornada e incluíu dúas paradas destacadas: unha primeira no porto do Barqueiro, para repoñer forzas, e outra no banco de Loiba, coñecido como o “mellor banco do mundo”. Neste enclave, situado sobre os espectaculares cantís de Loiba, as persoas participantes desfrutaron dun xantar campestre nun marco natural incomparable.


A boa climatoloxía acompañou ao grupo durante todo o traxecto, cun día soleado que fixo máis agradable a experiencia.


A próxima saída do programa ‘Guitiriz en Ruta’ está prevista para o 26 de outubro, coa celebración da Ruta das Bidueiras en San Breixo.



O artigo A volta do programa ‘Guitiriz en Ruta’ reúne a 21 participantes no percorrido entre O Vicedo e Espasante publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies