Noticias e alertas

Guitiriz acolle este domingo a derradeira saída da sétima edición do ‘BTTeando por Guitiriz’ coa Ruta do Nadal

09/12/2025

O vindeiro domingo, 14 de decembro, o Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe organizan a última saída da sétima edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, que nesta ocasión levará por nome Ruta do Nadal.


A actividade, que servirá para despedir o ano sobre rodas, contará cun percorrido de 20 quilómetros e aproximadamente 300 metros de desnivel, cunha dificultade sinxela e apta para todos os públicos.


A saída realizarase desde a igrexa de San Breixo, desde onde tamén se dará por finalizada a ruta. O itinerario discorrerá pola contorna de San Breixo e Santa Leocadia, permitindo ás persoas participantes desfrutar da paisaxe e do patrimonio natural e cultural da zona.


A inscrición é totalmente gratuíta e permanecerá aberta ata este xoves, 11 de decembro, a través do formulario dispoñible no código QR incluído no cartel da actividade.


O artigo Guitiriz acolle este domingo a derradeira saída da sétima edición do ‘BTTeando por Guitiriz’ coa Ruta do Nadal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies