Noticias y alertas

Guitiriz consolida o seu torneo de tenis de mesa cunha segunda edición este Nadal

12/12/2025

O Concello de Guitiriz celebrará o vindeiro 29 de decembro o II Torneo de Tenis de Mesa Concello de Guitiriz, que terá lugar na Nave do Senpa en horario de 10:00 a 13:00 horas. Tras o éxito da primeira edición, agárdase que este certame volva a reunir a xogadores de diferentes idades, equipos e afeccionados a este deporte.


O sistema de competición estrutúrase en dúas fases: unha fase inicial de grupos clasificatorios e unha fase final, contando cunha categoría única para todos os participantes. As arbitraxes serán realizadas polos propios xogadores.


A normativa establece que cada participante deberá acudir coa súa propia raqueta, así como con roupa e calzado deportivo axeitado. Ademais, o torneo contará con premios para todas as persoas participantes, co obxectivo de incentivar a práctica deportiva e o desfrute dunha xornada lúdica e saudable.


As inscricións estarán abertas ata o 24 de decembro a través do correo electrónico a guitiriztm@gmail.com . O número de prazas é limitado, polo que se recomenda formalizar a participación canto antes. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do mesmo enderezo electrónico.


O artigo Guitiriz consolida o seu torneo de tenis de mesa cunha segunda edición este Nadal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies