Noticias e alertas

O Entroido encheu de cor e creatividade o Pavillón Jonathan Carro de Guitiriz

18/02/2026

O Concello de Guitiriz celebrou esta tarde de martes, 17 de febreiro, unha nova edición do Entroido, unha das festividades máis destacadas do municipio, que contou con máis de 1.600 euros en premios achegados polo propio Concello e pola Asociación Xermolos.


A xornada deu comezo ás 18:00 horas no Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz e estivo amenizado pola música de Bloquinho de Xermolos, que puxo ritmo e animación a unha tarde marcada pola participación e a creatividade.


II Concurso ‘Premio Especial Concello de Guitiriz’


No marco da programación celebrouse o II Concurso de Disfraces e Comparsas ‘Premio Especial Concello de Guitiriz’, organizado polo Concello, que nesta segunda edición consolidou esta cita como unha festa de tradición popular orientada a fomentar a participación activa, creativa e interxeracional da veciñanza.


O certame contou con tres modalidades de participación e cunha dotación económica total de 1.245 euros, superando a contía da edición anterior. Na categoría comparsas, os gañadores do premio de 620 euros foron A Fábrica de Dulces e Rondalla de Lagostelle; na de grupos, os gañadores foron Carrusel, cun premio de 375 euros.


O artigo O Entroido encheu de cor e creatividade o Pavillón Jonathan Carro de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies