Noticias e alertas

A XVI Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal abre as súas inscricións

02/03/2026

Abertas as inscricións para a XVI ‘Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal’, que se celebrará o domingo 19 de abril, e que está organizada polo Concello, en colaboración coa Asociación Capaces, formando parte do II Circuíto de Carreiras Populares da Terra Chá.


As persoas interesadas en participar, tanto nas diferentes modalidades de carreira como na andaina, poden apuntarse ata o 15 de abril ás 23:59 horas na páxina web https://guitiriztermal.ccnorte.com.


En función dos grupos de idade, a carreira desenvolverase en diferentes modalidades e distancias. As categorías son: Andaina (todas as idades)-9.000 metros; Biberóns (2019 e posteriores)-200 metros; Sub12 (2015-2016) e Sub10 (2017-2018)-800 metros; Sub16 (2011-2012) e Sub14 (2013-2014)-1560 metros; e Absoluta (2010 e anteriores)-5.000 metros.


Ademais, habilitouse unha Fila 0 para que todas aquelas persoas que o desexen, aínda que non participen na carreira, poidan facer a aportación voluntaria que consideren, que será doada á Asociación Somos Unidos Contra el Cáncer, xunto con 1 euro de cada inscrición.


Na mesma semana da carreira presentarase oficialmente o evento no Concello de Guitiriz.


O artigo A XVI Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal abre as súas inscricións publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies