Noticias y alertas

O Campo da Feira de Guitiriz acolle ata o 25 de marzo a exposición ‘Botamos un baile?’ sobre a historia das orquestras de verbena

03/03/2026

O Concello de Guitiriz inaugurou hoxe a exposición de rúa ‘Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia’. A mostra, que se poderá visitar no Campo da Feira ata o vindeiro 25 de marzo, fai un repaso pola evolución destas formacións musicais desde principios do século XX ata a actualidade.


No acto de apertura institucional participaron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a directora-xerente da Fundación da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.


Con esta inauguración, Guitiriz convértese na cuarta vila galega en acoller esta exposición tras o seu paso por Ponteareas, Baiona e Ribadavia. A iniciativa enmárcase dentro do programa de itinerancias da Cidade da Cultura, que ten como finalidade levar a outras localidades contidos culturais xestados no Gaiás. A proposta nace dunha mostra orixinal que xa acolleu a Biblioteca de Galicia durante o ano 2023.


A historia da verbena en imaxes


O proxecto expositivo está baseado nun estudo da Universidade de Santiago de Compostela titulado ‘Do palco ao escenario’. Este estudo estivo coordinado por Xaime Fandiño e conta con Zósimo López e Henrique Neira como comisarios da exposición.


A través dun deseño realizado por Fausto Isorna, a instalación conta a evolución da verbena galega ao longo dun século, amosando imaxes de programas de festas, fotografías e diversos carteis de estilos moi diferentes.


O percorrido amosa o grande impacto económico, social e cultural destas agrupacións, que cada ano mobilizan a milleiros de persoas e que lograron reivindicar a verbena como unha parte esencial da identidade cultural galega.



O artigo O Campo da Feira de Guitiriz acolle ata o 25 de marzo a exposición ‘Botamos un baile?’ sobre a historia das orquestras de verbena publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies