Noticias y alertas

Aviso: a comisións, asociacións ou organizadores de festas no Concello de Guitiriz

17/03/2026

Dona Marisol Morandeira Morandeira, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz (Lugo)


FAI SABER


Que a Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Lugo (Deposito Legal) informa do seguinte:


«Segundo a normativa en vigor os carteis das distintas festas que se celebren teñen que ter un Número de Depósito Legal.


O procedemento para sacar o número de Depósito Legal é o seguinte:


Antes de imprimir os carteis, o presidente da comisión mandará unha solicitude con nome, apelidos, domicilio, CP, DNI, teléfono e un e-mail, ao correo cau periferico@xunta.gal, onde lle darán un nome de usuario/a e unha contrasinal de acceso a plataforma, para desde alí sacar o número de depósito legal que colocará nos carteis.


Posteriormente enviará TRES EXEMPLARES FÍSICOS a dirección:


DEPOSITO LEGAL


Avda. Ramón Ferreiro, 23


27002 Lugo


Teléfono: 982 29 42 50»


O artigo Aviso: a comisións, asociacións ou organizadores de festas no Concello de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies