23/03/2026
O pasado domingo, 22 de marzo, celebrouse a primeira saída da oitava edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, posto en marcha polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe. Nesta primeira saída, unha vintena de participantes realizaron a Ruta da Cova da Serpe, cun percorrido de 20 quilómetros e 300 metros de desnivel.
A saída comezou ás 10:00 horas desde a Escola das Negradas en dirección á Cova da Serpe, un dos puntos máis altos da contorna. A primeira metade da ruta foi todo en ascenso, mentres que a segunda parte consistiu en gozar da inercia da baixada para regresar ao punto de saída.
Os máis de 20 participantes puideron gozar dunha xornada espléndida de primavera, cun ceo despexado co que desfrutar das vistas desde o alto da cova.
A próxima saída do programa será o vindeiro 12 de abril, coa ruta Btteando polo Pantano.
O artigo Unha vintena de participantes inauguran a oitava edición do ‘BTTeando por Guitiriz’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies