Noticias e alertas

Guitiriz abrirá en abril o prazo de inscrición no programa Concilia Vacacións 26

26/03/2026

O Concello de Guitiriz abrirá a próxima semana, o mércores 1 de abril, o prazo para anotarse ao programa de conciliación familiar para as vacacións de verán, que ten o obxectivo de axudar a conxugar a vida laboral e familiar facendo especial fincapé naquelas familias que estean nunha situación de maior vulnerabilidade.


Esta actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022, é dicir, toda a educación infantil e primaria. Desenvolverase en catro quendas: a primeira do 1 ao 15 de xullo, a segunda do 16 ao 31 de xullo, a terceira do 1 ao 15 de agosto e a cuarta do 16 ao 31 de agosto, pero o programa só estará habilitado os días laborables.


O prazo para anotarse remata o 30 de abril, mentres que o 15 de maio publicarase unha listaxe provisional de persoas admitidas. Unha vez publicada, os participantes terán ata o 15 de xuño para realizar os pagos, publicándose a listaxe definitiva de admitidos o 22 de xuño.


Darase prioridade a aquelas familias nas que os proxenitores estean a traballar e tamén ás familias empadroadas en Guitiriz, ou en situación de especial vulnerabilidade.


O modelo de solicitude e a información poderanse descargar unha vez abra o prazo de solicitudes.


O prezo xeral por cada quenda é de 30 euros e o incremento para acudir en horario extraordinario será de 15 euros por quenda, podendo anotarse a todas as que se precisen. Ademais, haberá bonificacións por razóns sociais ou benéficas para familias con ingresos inferiores ao 50% do IPREM ou cando se careza de ingresos.


SOLICITUDE CONCILIA VACACIONS 2026


O artigo Guitiriz abrirá en abril o prazo de inscrición no programa Concilia Vacacións 26 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies