Noticias y alertas

Guitiriz acollerá a conferencia ‘Galicia, porta de entrada da eclipse solar 2026’ a cargo de Jorge Mira

16/04/2026

O Concello de Guitiriz acollerá a conferencia titulada ‘Galicia, porta de entrada da eclipse solar 2026’, que será impartida polo catedrático Jorge Mira o vindeiro venres 24 de abril ás 20:00 horas na Escola Habanera. A entrada será libre ata completar aforo.


A charla abordará un dos acontecementos astronómicos máis relevantes das próximas décadas: a eclipse total de sol do 12 de agosto de 2026, a primeira do século XXI visible en Europa. Trátase dun fenómeno excepcional que, tras a eclipse prevista para 2027 no sur da Península Ibérica, non volverá repetirse en territorio da Unión Europea máis que en tres ocasións ao longo de todo o século.


Durante a conferencia, Jorge Mira explicará que é unha eclipse solar, que coñecementos se obtiveron historicamente a través do seu estudo e cales serán as circunstancias específicas deste evento, que converterá Galicia nun punto estratéxico ao ser atravesada pola franxa de totalidade nun eixo noroeste-sueste. Este feito prevese que provoque importantes desprazamentos de poboación e unha notable afluencia de visitantes.


Jorge Mira Pérez é catedrático de electromagnetismo no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa traxectoria investigadora abrangue múltiples áreas, desde a ciencia de materiais ata a física matemática, pasando pola medicina, a xeografía ou diversas enxeñarías. Ten colaborado con figuras de prestixio internacional e participou en iniciativas científicas e institucionais de alto nivel.


O artigo Guitiriz acollerá a conferencia ‘Galicia, porta de entrada da eclipse solar 2026’ a cargo de Jorge Mira publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies