Noticias e alertas

Nía Franco e Daniel Murado, gañadores da XVI Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal

19/04/2026

Nía Franco e Daniel Murado proclamáronse gañadores absolutos da XVI Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal, organizada polo Concello coa colaboración do Club Atletismo Guitiriz e o apoio da Deputación de Lugo. Na proba participaron máis de 220 persoas entre a carreira e a V edición da andaina.


Na categoría masculina absoluta o segundo posto foi para Esteban Díaz e o terceiro para Marcos Codesal. Na feminina Carla González rematou en segundo lugar e Nerea Braña levou a medalla de bronce.


Na categoría biberón recibiron medalla todos os participantes. Na sub 10 os vencedores foron Arai Gallardo e Valentina Ares, mentres que na sub 12 gañaron Mireia Díaz e Mateo Vilela. En sub 14 remataron en primeiro posto Laura López e Antonio Sanmartín e en sub 16 fixérono Roi Fraga e Candela Castelo. Tamén se entregaron medallas aos gañadores da categoría sub 18, Noa Quiroga e Brais Martínez.


Na proba sénior, Miguel García e Vanesa Vázquez encabezaron a proba, mentres que nas categorías máster os vencedores foron os seguintes: Máster 1 Marcos Pereira e María Álvarez; Máster 2 Victoria Moscoso e Manuel Rendo; e Máster 3 Juan Antonio Castro.


Proximamente anunciarase a cantidade total recadada a través das inscricións e da Fila 0, que irán a parar á asociación Somos Unidos Contra el Cáncer.


O artigo Nía Franco e Daniel Murado, gañadores da XVI Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies