Noticias e alertas

O Concello de Guitiriz organiza a tradicional comida dos xubilados e xubiladas o xoves 21 de maio

11/05/2026

O Concello de Guitiriz celebrará o xoves 21 de maio a tradicional comida de convivencia dos xubilados e xubiladas do municipio. O encontro terá lugar no Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz a partir das 14:00 horas.


A xornada consistirá nunha comida de confraternidade para compartir un día de festa e reencontro entre veciños e veciñas, seguida de música e baile para continuar coa celebración durante a tarde.


Poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello de Guitiriz que teñan cumpridos os 65 anos, así como aquelas que os cumpran ao longo deste ano. Tamén poderán asistir as parellas dos xubilados e xubiladas menores desa idade, achegando a cantidade establecida pola organización, do mesmo xeito que os acompañantes de persoas dependentes.


Ademais, o resto das persoas interesadas poderá asistir abonando o importe do menú, sempre que queden prazas dispoñibles.


As inscricións deberán realizarse nas oficinas do Concello antes do 13 de maio.


O artigo O Concello de Guitiriz organiza a tradicional comida dos xubilados e xubiladas o xoves 21 de maio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies