Noticias e alertas

A Aula CeMIT anuncia novas datas para a formación gratuíta en IA Xenerativa

19/05/2026

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz anuncia novas datas para a actividade formativa gratuíta ‘Formación en IA Xenerativa’, unha iniciativa que ten como principal obxectivo achegar á veciñanza as posibilidades das ferramentas baseadas na intelixencia artificial para a creación de contido profesional.


Ao longo do curso, as persoas participantes aprenderán a potenciar a súa creatividade e a reducir o esforzo diario mediante o uso das novas tecnoloxías aplicadas á xeración de contidos. O programa formativo afondará en diferentes ámbitos da Intelixencia Artificial Xenerativa (IAX), incluíndo técnicas de prompting coa ferramenta Midjourney, creación de imaxes con IA, xeración de vídeos mediante intelixencia artificial e creación de música con IA.


As novas sesións desenvolveranse os días 26 e 28 de maio e 2 e 3 de xuño, en horario de 16:15 a 18:15 horas. As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro luns 25 de maio ás 14:00 horas.


Para solicitar máis información ou realizar a inscrición, as persoas interesadas poden contactar coa Aula CeMIT a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao teléfono 982 370 062.


O artigo A Aula CeMIT anuncia novas datas para a formación gratuíta en IA Xenerativa publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies