Noticias y alertas

A Festa dos Xubilados e Xubiladas do Concello de Guitiriz reunirá a medio millar de participantes

20/05/2026

O Concello de Guitiriz celebrará o xoves 21 de maio unha nova edición da tradicional Festa dos Xubilados e Xubiladas, unha cita xa consolidada no calendario social do municipio e que reunirá arredor de medio millar de persoas.


O evento dará comezo ás 14:00 horas no Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz, escenario desta xornada de convivencia dirixida ás veciñas e veciños maiores de 65 anos.


As persoas asistentes poderán desfrutar dun xantar pensado para compartir unha tarde de lecer, encontro e diversión, na que non faltarán a música, o baile e a boa compañía.


Tras a recepción das persoas participantes, está previsto que o xantar comece arredor das 14:30 horas e se prolongue ata aproximadamente as 16:30 horas. A continuación celebrarase un sorteo de agasallos entre as persoas asistentes.


A programación continuará cunha animada tarde musical e de baile coa actuación en directo de Nerea Cobas, que será a encargada de poñer o broche festivo a esta celebración.


O artigo A Festa dos Xubilados e Xubiladas do Concello de Guitiriz reunirá a medio millar de participantes publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies