10/07/2026
A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá o vindeiro venres 24 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, o obradoiro ‘O poder das plantas’, unha actividade formativa dirixida a persoas adultas interesadas en afondar no coñecemento das plantas e dos seus múltiples usos. A iniciativa está organizada pola Reserva da Biosfera Terras do Miño e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Guitiriz.
Durante a xornada, as persoas participantes aprenderán a identificar e diferenciar algunhas das principais especies vexetais do noso contorno, ao tempo que descubrirán as súas propiedades e os seus usos terapéuticos, medicinais e tradicionais, así como outras aplicacións.
Esta actividade enmárcase no programa de accións de divulgación e sensibilización ambiental que impulsa a Reserva da Biosfera Terras do Miño co obxectivo de fomentar o coñecemento, a conservación e a posta en valor da biodiversidade e dos recursos naturais do territorio.
O obradoiro conta con prazas limitadas, polo que será preciso realizar inscrición previa. As persoas empadroadas no Concello de Guitiriz terán preferencia na adxudicación das prazas.
O prazo de inscrición abrirase o luns 13 de xullo e permanecerá aberto ata o martes 21 de xullo. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 982 370 109 ou enviando un correo electrónico a info@concellodeguitiriz.com.
O artigo A Escola Habanera acollerá o obradoiro ‘O poder das plantas’ o vindeiro 24 de xullo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies