Noticias e alertas

Aclaración sobre a información difundida en redes sociais acerca da actuación para garantir o abastecemento de auga en Ferreira

20/10/2026

Ante a difusión nas redes sociais de informacións sobre a actuación realizada esta mañá para atender as necesidades de abastecemento de auga de veciños e veciñas do núcleo de Ferreira, na parroquia de Parga, que se atopan sen subministración, considérase necesario aclarar algúns aspectos relativos ao sucedido.


A actuación levouse a cabo para garantir o acceso á auga das persoas afectadas pola falta de subministración. A auga obtívose dunha boca de rega, que se atopaba aproximadamente ao 80 % da súa capacidade, e destinouse directamente a atender as necesidades destas persoas, sen ser trasladada á estación potabilizadora.


Cómpre aclarar, así mesmo, que a auga non se extraeu directamente do leito do río Parga nin se retirou auga do seu cauce, xa que a intervención se realizou a través da citada boca de rega.


En canto ás posibles afeccións ao río Parga e á súa contorna, a actuación non se levaría a cabo se existise algún risco para o río ou para o seu ámbito ambiental. A intervención tivo como finalidade atender unha necesidade básica da veciñanza de Ferreira, garantindo o abastecemento de auga ás persoas afectadas.


Por este motivo, é importante que as informacións que se difundan sobre esta actuación se correspondan co acontecido e permitan á cidadanía coñecer os feitos con precisión, evitando interpretacións que poidan dar lugar a confusión.


Esta aclaración ten como obxectivo que a veciñanza dispoña de información contrastada sobre a actuación realizada e sobre a súa finalidade: atender as necesidades de abastecemento das persoas do núcleo de Ferreira que se atopaban sen subministración.


O artigo Aclaración sobre a información difundida en redes sociais acerca da actuación para garantir o abastecemento de auga en Ferreira publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies