04/11/2026
A Escola Habanera de Guitiriz acollerá o vindeiro 16 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas, a charla-taller ‘Lugo de corazón a corazón’, actividade organizada pola Asociación Cardiolóxica Lucense (ACARLU) coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Guitiriz.
Trátase dun encontro que busca promover a educación e prevención no eido da saúde cardiovascular, ofrecer apoio psicosocial e crear grupos de axuda mutua. Nel combinaranse a parte máis teórica con outra práctica, co obxectivo de asesorar e acompañar ás persoas participantes a través da experiencia.
As prazas están limitadas a 25 persoas, que recibirán un certificado de asistencia. As inscricións permanecerán abertas ata o 13 de novembro. Podes inscribirte contactando con Servizos Sociais no seguinte número de teléfono: 982 370 109 ext.1.
O artigo A Escola Habanera acollerá a charla de educación cardiovascular ‘Lugo de corazón a corazón’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies